A mañá é bonita
A mañá abre os ollos pouco e pouco,
coma unha muller sen bágoas.
A mañá abre os brazos e di vide ó rebusco os que fostes
nenos, que aquí houbo romaría onte no campo da festa.
A mañá ábrese de pernas e baila cos paxaros.
Pois non, non é nada diso:
a mañá é a amante
que albisca ao seu home desde a boca da cova,
calza as chinelas,
pon camisa moi branca.… Leer más